Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O sábado 10 de novembro o Auditorio de Galicia acolleu un concerto familiar da Real Filharmonía de Galicia que quería servir tamén para dar visibilidade a Sarela e ao dano cerebral adquirido. Esa tarde a sala Mozart do Auditorio encheuse con mil persoas entre nenos e maiores que puideron escoitar as explicacións que José Balboa, presidente da asociación, deu sobre a entidade e o dca.

Nun discurso pensado sobre todo para os máis pequenos, Balboa dixo que Sarela “é unha asociación que montamos hai case 20 anos uns papás e mamás, irmáns e amigos doutras persoas con dano cerebral. ¿E que é iso do dano cerebral? É cando por culpa dun golpe na cabeza ou dunha enfermidade, por exemplo, o cerebro deixa de funcionar como ata ese momento. E que pasa? Pois pode pasar que non podas camiñar, falar, entender o que che din, entender o les etc. O cerebro é moi complicado e pode afectar a moitas cousas.”
Balboa continuou dicindo que Sarela naceu para poder dar a coñecer este problema e que a xente teña unha boa atención. Rematou a súa intervención dando a todas as familias algúns consellos para previr o dca. “Dicídelle a mamá e papá que poñan e vos poñan o cinto e o casco incluso na bici. Comede de todo, comede san. É moi importante para que a venas do cerebro funcionen ben. Facédelle caso aos avós cando vos digan que non comades tanta trapallada. Menos sofá e máis exercicio. Iso vai sobre todo para os papás e mamás. Ten que haber tempo para a consola e tamén para xogar na rúa, para correr, para a pelota e para os patíns”.
O presidente despediuse dando as grazas á Real Filarmonía de Galicia por dedicar este primeiro concerto do ciclo "Descubre unha orquestra para ti... a túa!" e que grazas ao proxecto RFG Solidaria dedica varios concertos a dar visibilidade a entidades sociais. Este ano ademais de Sarela tamén terán cadanseu concerto a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, Proxecto Home Galicia e Fademga.