O equipo profesional de Sarela incorporouse o 24 de agosto.
As vacacións chegaron á súa fin en Sarela, que, desde esta semana, ten todos os servizos funcionando a pleno rendemento. Sen embargo, a primeira etapa do retorno tralo parón estival produciuse a semana pasada, cando se reincorporou o equipo profesional para dedicar o final de agosto á formación e á planificación.
O persoal técnico da Asociación de Dano Cerebral de Compostela volveu das vacacións o pasado luns, 24 de agosto. Esa mesma xornada recibiu unha sesión formativa sobre o Sistema de Xestión de Calidade impartida por Mar Peláez, da empresa
Mov'etic. O Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Sarela foi auditado e certificado conforme a norma ISO 9001:2008, na que se profundizou durante a formación.
Ao longo da semana pasada o equipo profesional de Sarela tamén recibiu formación sobre o Sistema de Protección de Datos. Esta foi impartida por Ana Fernández, da empresa que asesora á asociación en cuestións relacionadas coa privacidade e a protección de datos,
RB Soluciones.
Ademais, o persoal da asociación recibiu unha actualización de Primeiros Auxilios, impartida por persoal propio de Sarela, e outra sobre Prevención de Riscos Laborais, da que se encargaron profesionais de
Taprega (Taller de Prevención de Riesgos Laborales).