FEDACE publica o Boletín Compartir de decembro

14/01/2015

Sarela volve ter un oco con información sobre a entrada da asociación no Pacto Mundial.

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE), da que Sarela é membro, publicou onte o último número do seu Boletín Compartir, no que reúne a actualidade do DCA. Con este exemplar acádase o boletín número 98. Aínda que corresponde ao mes de decembro, Compartir inclúe tamén unha compilación dos mellores artigos de 2014.
 
Sarela ten un oco neste boletín grazas á información sobre a entrada da asociación no Pacto Mundial das Nacións Unidas. FEDACE explica na noticia en que consiste o Pacto Mundial, detalla os seus dez principios, e informa do interese de Sarela por promocionar a inclusión laboral dos mozos e mozas con dano cerebral a través do proxecto Construíndo Futuro.
 
O Compartir número 98 inclúe tamén un artigo sobre 'O ictus, ou como eu podería ter dano cerebral adquirido' creado por FEGADACE, e información doutras dúas asociacións galegas de DCA. En concreto, detalla os contidos do programa 'Integrar aos excluídos: a atención a persoas en situación urxente de necesidade', de Alento, e a crónica do PicnicArt que organizou Renacer en maio.
 
A noticia de apertura do boletín é a entrada dunha nova asociación en FEDACE, Hiru Hamabi 3/12. Esta asociación é navarra e está especializada en familias de menores con DCA. Así, a federación española pasa a contar con 38 entidades membro. Sarela saúda a creación desta nova entidade e a súa vontade de traballar en rede co resto do movemento asociativo do dano cerebral.
 
A maiores, Compartir inclúe opinión, axenda de actividades, noticias da discapacidade, e outras informacións. Pódese acceder premendo aquí.
 
Categorías: Sarela , FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información