• XSolidaria 2021 png

Noticias

Estimulación cognitiva: aprendendo xeografía

Estimulación cognitiva: aprendendo xeografía
Unha vez á semana as persoas usuarias de Sarela reúnense para falar de xeografía. Poñen en común os seus coñecementos e aprenden cousas novas sobre culturas descoñecidas e sobre os segredos que agocha cada continente. Esta actividade denomínase Estimulación cognitiva.
 
Cada sesión dedícase a un país, e esta mañá resultou ser Canadá o protagonista. Armada cunha pequena guía, a técnica que guía a actividade vai facendo preguntas e explicando cousas sobre o país. As persoas usuarias da asociación ubican o estado no continente correspondente, sitúan a súa capital, e falan sobre os seus monumentos e lugares de interese, sobre as comidas e bebidas típicas, e moitas outras curiosidades.
 
O grupo de usuarios e usuarias de Sarela conta con mapa no que, cada xoves pola mañá, marcan os países que van coñecendo nesta viaxe semanal.
 
A actividade denomínase Estimulación cognitiva porque o traballo de investigación sobre xeografía serve para potenciar a atención, xa que se basea nun sistema de preguntas e respostas, e reforza a memoria, xa que todo o mundo debe reflexionar sobre os seus coñecementos do país do que se fala.
 
Sarela conta con sesións de Estimulación cognitiva que reforzan esas e outras capacidades, pero que están dedicadas a temas diferentes. O da xeografía é un dos preferidos das persoas usuarias, que agardan os xoves con grande expectación.
 

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar