Entrevista á directora de Sarela en Santiago TV

10/11/2014

Rocío García falou sobre a asociación e o dano cerebral na canle local.

A última edición do programa 'La entrevista de hoy', de Santiago TV, estivo protagonizada por Sarela a través dunha conversa coa súa directora, Rocío García. A xornalista Sara García, condutora do programa, pregunta no programa polo dano cerebral adquirido, as funcións de Sarela, e os retos da asociación perante o traslado ao novo centro.

O programa Construíndo Futuro tamén tivo un oco ao final da emisión, cando tanto a entrevistada como a entrevistadora animaron ás empresas a participar facilitando a xestión de prácticas ou empregos para persoas novas con dano cerebral. A entrevista emitiuse o venres, 7 de novembro, e pode verse a continuación:


 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información