Imaxe no remate da actuación

Emotiva estrea de "Amar en tempos de Sarela"

14/07/2017

O venres 7 de xullo o grupo de teatro de Sarela representou no Auditorio de Galicia a súa última obra, Amar en tempos de Sarela. Aquí deixamos algunhas imaxes que deixou esa tarde

Familiares, persoas socias e amigos e amigas de Sarela encheron a sala Mozart para ver o resultado de meses de traballo. Persoas usuarias dos servizos de Sarela, familiares e profesionais conformaban o elenco de máis de 50 persoas que deron vida ao campo das festas da Ascensión do ano 1982.

 

Este ano tivemos como novidade a actuación dos pequenos e pequenas que asisten en Sarela a rehabilitación. Tamén tiveron o seu espazo os usuarios e usuarias do centro ocupacional, que comezou o seu traballo a finais de 2016.

 

Un ano máis contamos coa colaboración de Rubén Riós, encargado de presentar e conducir a gala, pero que desta volta sorprendeunos cun sketch de humor, Politicadas, querepresentou co seu compañeiro e actor Fernando Fumaces.

 

Amar en tempos de Sarela foi a quinta obra creada polo noso grupo de teatro. Primeiro foi “Sarela Televisión”, despois “Sarela en camiño”, seguiulle “En Sarela non hai quen viva” e “Sarela e a Fábrica de chocolate”  e este ano estreamos “Amar en tempos de Sarela”.

 

    Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017 Amar en tempos de Sarela. Teatro. 7 de xullo de 2017
Categorías: Sarela
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información