Celebración do Día do Dano Cerebral cunha semana de actividades que ten como acto principal a andaina por Santiago e a lectura do manifesto na Praza do Obradoiro

21/10/2021

Un ano máis, e van quince, Sarela celebra o martes 26 de outubro o Día do Dano Cerebral Adquirido. Este ano recuperamos como acto principal a andaina que percorrerá as rúas da cidade vella e que se suspendeu o ano pasado debido á situación sanitaria. Esa camiñada sairá desde a Alameda ás 11:00 horas até a Praza do Obradoiro. Alí, ás 12:00 h. persoas con DCA e familiares lerán o manifesto que recolle o sentir do movemento asociativo.

O Día do Dano Cerebral Adquirido celébrase desde 2007, ano no que o Consello de Ministros oficializou o 26 de outubro como data para dar visibilidade ao colectivo de persoas con DCA. Desde entón, ese día converteuse nun espazo para a reivindicación das inquedanzas e necesidades de atención das familias e persoas con esta discapacidade.

Hoxe o Dano Cerebral é o primeiro motivo de discapacidade e dependencia en España sendo as súas causas principais o ictus, os traumatismos cranioencefálicos, os tumores cerebrais, a falta de osíxeno no cerebro por paradas cardiorespiratorias etc.

Con motivo deste conmemoración Sarela programou outras actividades:

 

Luns 25

Charlas sobre Dano Cerebral no CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos.

Hora: 10:00 h.

 

Charlas sobre Dano Cerebral no Centro Público Integrado da Picota (Mazaricos).

Hora: 15:00 h.

 

Martes 26 – Día do Dano Cerebral Adquirido

Iluminación de edificios

Na noite do día 26 iluminaranse en cor azul a fachada da Casa do Concello de Santiago, a sede de Xunta de Galicia en San Caetano, as Torres Hejduk na Cidade da Cultura. Tamén se sumarán a este acto simbólico concellos da área sanitaria de Santiago-Barbanza como Ames ou Silleda.

 

Andaina desde a Alameda até a Praza do Obradoiro e lectura do manifesto.

Punto de encontro ás 11:00 h. na estatua das Marías.

 

Mesas informativas

  • Hospital Clínico de Santiago de 10:00 h. - 13:00 h.
  • Hospital da Barbanza de 10:30 h. - 12:30 h.
  • Centros de saúde da Estrada, Arzúa, Mazaricos e Lalín de 10:30 h. - 12:30 h.

 

Mércores 27

Charlas sobre Dano Cerebral no Centro Público Integrado da Picota (Mazaricos).

Hora: 15:00 h.

 

Charla sobre aspectos xerais do Dano Cerebral no Milladoiro (Ames)

Lugar: Casa dos Maiores (Milladoiro)

Hora: 19:00 h.

 

Venres 29 – Día do Ictus

Mesa informativa no Hospital Clínico de Santiago de 10:00 h. – 13:00 h.

 

Charla sobre aspectos xerais do Dano Cerebral en Arzúa

Lugar: Mercado Centro Multiusos “Terra do Queixo” (1º andar – porta 3)

Hora: 17:30

 

Categorías: Sarela , Día do Dano Cerebral

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información