Dez factores de risco modificables son responsables do 90% dos ictus

26/07/2016

Dez factores de risco que se poden modificar son responsables de nove de cada dez ictus en todo o mundo, aínda que a clasificación deses factores varía rexionalmente, segundo conclúe un estudo dirixido por investigadores da Universidade de McMaster, Ontario, Canadá. No estudo participaron 26.000 persoas de 32 países. O número de ictus reduciríase practicamente á metade (48%) se se eliminara a hipertensión

Dez factores de risco que se poden modificar son responsables de nove de cada dez ictus en todo o mundo, aínda que a clasificación deses factores varía rexionalmente, segundo conclúe un estudo dirixido por investigadores da Universidade de McMaster, Ontario, Canadá. No estudo participaron 26.000 persoas de 32 países. O número de ictus reduciríase practicamente á metade (48%) se se eliminara a hipertensión.

 

Previr o accidente cerebrovascular é unha prioridade importante de saúde pública, pero a variación segundo a rexión debe influír no desenvolvemento de estratexias para reducir o risgo de accidente cerebrovascular, propoñen os autores do estudio, publicado en 'The Lancet'.

 

O estudio, dirixido polos doutores Martin O'Donnell e Salim Yusuf, do Instituto de Saúde da Poboación de McMaster e colaboradores de 32 países, basease nos resultados da primeira fase do estudo 'INTERSTROKE', que identificou dez factores de risco modificables para o accidente cerebrovascular en 6.000 participantes de 22 países. Esta análise a gran escala de 'INTERSTROKE' engadiu 20.000 persoas de 32 países de Europa, Asia, América, África e Australia, e tratou de identificar as principais causas de accidente cerebrovascular en diversos grupos de poboacións (xente moza e maior, homes e mulleres), e dentro dos subtipos de ictus.

 

A hipertensión é o factor máis importante en todas as rexións

 

Os investigadores analizaron os diferentes factores de risco e determinaron a proporción de accidentes cerebrovasculares que se poderían evitar si o factor de risco desaparecera. O número de ictus reduciríase practicamente á metade (48%) se se eliminara a hipertensión; en máis dun terzo (36%) se as persoas foran fisicamente activas; e case unha quinta parte (19%) se levaran unha alimentación mellor. Ademais, esta proporción caería un 12% se se eliminara o tabaquismo; un 9% se non houbera causas cardíacas; 4% con desaparición da diabetes; 6% se non se bebera alcohol; 6% en caso de non haber estrés e un 27% sen a presenza de lípidos (o estudio empregou apolipoproteínas, que predín mellor a apoplexía que o colesterol total).

 

Sábese que moitos destes factores de risco tamén están vinculados entre si (como a obesidade e a diabetes) e cando se combinaron xuntos, o total dos dez factores de risco foi do 91% e similar en todas as rexións, grupos de idade e en homes e mulleres.

 

Sen embargo, a importancia dalgúns factores de risco parecía variar segundo a rexión. Por exemplo, a importancia da hipertensión variou de practicamente o 40 por cento en Europa Occidental, América do Norte y Australia e o 60% no surleste asiático. O risco de alcohol foi máis baixo en Europa Occidental, América do Norte e Australia, pero máis elevado en África e o sur de Asia, mentres que o impacto potencial da falta de actividade física foi máis alto en China.

 

Un ritmo cardíaco irregular, ou a fibrilación auricular, vinculouse de xeito significativo con accidente cerebrovascular isquémico en todas as rexións, pero era de maior importancia en Europa Occidental, América do Norte e Australia, que en China ou o sur de Asia. Sen embargo, cando os dez factores de risco se incluíron xuntos, a súa importancia colectiva foi similar en todas as rexións. "Nosos resultados permitirán desenvolver intervencións globais a nivel de poboación para reducir o ictus e estes programas poden ser adaptados ás distintas rexións", sinala Yusuf, profesor de Medicina na Escola de Medicina de McMaster e director do PHRI. "Isto inclúe unha mellor educación para a saúde, alimentos saudables máis baratos, evitar o tabaco e medicamentos máis accesibles para a hipertensión e la dislipidemia", propón.

Categorías: Ictus
Tags: ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información