Novas deducións no IRPF e no IS ao colaborar cunha ONG

16/02/2016

Se colaboras economicamente con Sarela ou con outra ONG debes saber que para 2016 incrementáronse os tipos de dedución

Se colaboras economicamente con Sarela ou con outra ONG debes saber que para 2016 incrementáronse os tipos de dedución a aplicar ás cotas e doazóns que fagas. As persoas físicas, no IRPF correspondente a 2016, poderán deducir o 75% das achegas de ata 150€ ao ano. En 2015 esa dedución foi do 50%. A partir desa cantidade a dedución será do 30% e do 35% se colaboras desde polo menos 3 años seguidos, cun límite do 10% da base liquidable. Nesta parte os tipos en 2015 foron do 27’5% e 32’5% respectivamente. É condición que esa colaboración sexa coa mesma entidade durante polo menos 3 años e por importe igual ou superior, en cada un deles, ao exercicio anterior.

 

Tomando un exemplo práctico, unha persoa que en 2016 doe 150 euros recuperará na declaración  da renda a presentar o vindeiro ano 112’5 euros. En caso de colaborar, por exemplo, con 200 euros recuperará polos primeiros 150 euros a mesma cantidade (112’5 euros) e polos 50 euros restantes deducirá 15 euros máis se leva menos de tres anos colaborando e 17’5 euros se colabora desde hai tres anos. En total deducirá 127’5 e 130 euros respectivamente en función dos anos de colaboración.

 

No caso das persoas xurídicas, deducirán o 35% das cotas e donativos íntegros. Se levan colaborando polo menos 3 anos seguidos a dedución será do 40%, cun límite do 10% da base liquidable.

 

Cadro resumo:

 

COLABORACIÓNS DE PERSOAS FÍSICAS (IRPF)

2016

Primeiros 150 €

75%

Resto

30%

Colaboracións plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 años e por importe igual ou superior, en cada un deles, ao exercicio anterior)

35%

Límite dedución base liquidable

10%

 

COLABORACIÓNS DE PERSOAS JURÍDICAS (IS)

2016

Cotas e doazóns en xeral

35%

Colaboracións plurianuais (á mesma entidade durante polo menos 3 años e por importe igual ou superior, en cada un deles, ao exercicio anterior)

40%

Límite dedución base liquidable

10%

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información