• banner servizo sarela feb2020 795x180 2

Noticias

Convenio de colaboración co Concello de Santiago para o financiamento do servizo de terapia acuática e física

Convenio de colaboración co Concello de Santiago para o financiamento do servizo de terapia acuática e física

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de Sarela, José Balboa, asinaron o 2 de agosto o convenio de colaboración que, cunha contía de 3.000 euros, subvencionará a actividade de terapia acuática e física do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica. Na sinatura tamén estivo presente a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro. O programa subvencionado ten como obxectivo mellorar as estratexias de equilibrio e desequilibrio durante a marcha ou tarefas funcionais, aproveitando as propiedades que ofrece o medio acuático, en sala e, na medida do posible, en saídas ao exterior.

 

O convenio asinado dá continuidade á colaboración que Sarela e Concello de Santiago manteñen desde a súa fundación e que se traduce por exemplo na colaboración á hora de realizar outras actividades de sensibilización sobre o dano cerebral (charlas, conmemoración do día do dca etc). Sarela agradece o compromiso do Concello de Santiago co colectivo de persoas e familias con dano cerebral adquirido e que tivo un fito fundamental na cesión a longo prazo dunha parcela municipal para construír a actual sede da entidade no barrio do Castiñeiriño.

 

Categorías: Sarela , SADT

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar