José Balboa, presidente de Sarela, e Ramón Fernández, responsable de de SEFER, na sinatura.

Convenio coa empresa SEFER de Padrón para realizar prácticas

30/06/2017

Sarela asinou coa empresa SEFER S.L un convenio para que as persoas usuarias do SADOC (Servizo de atención diúrna ocupacional) de Sarela realicen prácticas nesta empresa padronesa do sector do aluminio. Ramón Fernández Angueira, responsable da empresa, e José Balboa, presidente de Sarela, asinaron o acordo que permitirá avanzar na integración laboral destas persoas.

O centro de traballo de Aluminios SEFER está en Padrón, onde naceron no ano 1973 e foi medrando ata ter hoxe máis de 40 empregados, e está especializada no curvado de perfiles de aluminio e a fabricación de portas e portais. Desexando contribuír ao desenvolvemento da formación a empresa comprométese a facilitar prácticas, sempre que lles sexa posible, ás persoas usuarias do centro ocupacional no seu almacén e dentro do itinerario de formación marcado polas profesionais de Sarela.

José Balboa agradeceu a acollida que a proposta de colaboración de Sarela tivo por parte de Ramón Fernández e amosou o seu convencemento de que será beneficiosa para as persoas que realicen as prácticas na empresa.

O SADOC (Servizo de Atención Diúrna Ocupacional) conta coa colaboración da Fundación Once e do FSE (Fondo Social Europeo).

Tags: SADOC, emprego

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información