Congreso sobre 'Novos retos na atención ao dano cerebral'

27/11/2014

A directora de Sarela, Rocío García, participa cunha ponencia sobre calidade de vida.

'Novos Retos na Atención ao Dano Cerebral' é o título do Congreso que ADACEN (Asociación de Dano Cerebral de Navarra) organiza hoxe e mañá en en Pamplona para conmemorar o 20 aniversario da entidade.

O obxectivo deste Congreso é reflexionar e poñer en valor diferentes aspectos na atención aos ámbitos médico, rehabilitador, neuropsicolóxico, emocional e social das persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias, dando un paso máis cara adiante na súa recuperación, afrontando, tamén, os novos retos tecnolóxicos que axudarán a facelo posible.

O Congreso desenvolverase durante todo o día 27, xoves, e na mañá do 28 de novembro. Alternaranse conferencias e mesas redondas nas que participarán especialistas en cada un dos ámbitos. Tamén se levarán a cabo talleres nos que se abordan as técnicas máis novidosas de rehabilitación e atención tanto á persoa con DCA como á súa familia.

A directora de Sarela participa esta mañá na mesa 'Retos éticos: quen decide, calidade de vida en DCA' cunha ponencia sobre 'Máis que calidade de vida na atención diaria a persoas con DCA'. O colaborador de Sarela Miguel Anxo García tamén vai intervir, na xornada de mañá, cunha ponencia sobre 'Refacer a vida con DCA: o imprescindíbel camiño do empoderamento', no contexto da mesa sobre 'Retos na atención á familia'. O programa completo pode consultarse aquí.

Información extraída da páxina web de ADACEN.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información