Coñece a piscina accesible de Sarela e a actividade acuática

15/09/2017

Unha das dotacións que ten Sarela no seu centro é a piscina accesible. Nela desenvolvemos a actividade acuática que é un complemento terapeútico e lúdico ao proceso de rehabilitación das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA).

A piscina foi deseñada especificamente para as persoas con problemas de mobilidade, incluso severos, e está equipada cunha grúa que permite chegar ao vaso directamente desde o vestiario. Ten unhas dimensións aproximadas de 5 por 4 metros e unha profundidade que vai dos 1,12 aos 1,32 metros. A auga, como todo o ambiente, está climatizada a unha temperatura duns 30 grados e o vaso ten unha barra en dous dos seus laterais para facilitar a mobilidade unha vez dentro da auga.

 

A entrada á auga faise por unha escaleira con pasamáns ou empregando a grúa que conta con tres arneses diferentes (dous para acceder en posición sentada e un en posición tombada). A grúa permite acceder directamente desde un dos vestiarios equipado con padiola. As instalación complétanse con dous vestiarios con ducha e wc e un vestiario libre.

 

A TERAPIA ACUÁTICA

 

actividade acuática é un complemento terapéutico e lúdico ao proceso de rehabilitación da persoa con dano cerebral adquirido con trastornos funcionais e sensitivo-motores. As sesións na auga esixen a busca constante do equilibrio, simetría corporal, control motor e coordinación muscular e  proporcionan maior estimulación táctil e sensorial.

 

As sesións prográmanse en función das necesidades da persoa, tanto dentro como fóra da auga. Valoramos o seu potencial  e estimúlanse as capacidades nun entorno diferente.

 

Nesta actividade participan as persoas usuarias do Servizo de Atención Especializada (SAE) de Sarela pero está aberta a todas as persoas con DCA. Á vez, realizamos traballo específico con bebés e nenos/as.

 

As sesión son de carácter individual para as persoas do SAE e os seus obxectivos son diversos: relaxar e fortalecer a musculatura, estimular as reaccións que axudan a manter o equilibrio, traballar a marcha, mellorar a capacidade aeróbica etc.

 

A actividade en grupos é aberta e organízase cun máximo de 3 ou 4 persoas. Está destinada a persoas con dano cerebral que pasaran a fase individual subaguda e que teñen certo grado de autonomía e mobilidade.

 

A actividade para bebés e nenos/as ten un carácter lúdico e está pensada para desfrutar en compaña dos pais e nais ou das persoas coidadoras. Os seus beneficios son múltiples a nivel motor, socioafectivo e cognitivo.

 

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información