Concerto da Real Filharmonía de Galicia a favor de Sarela

06/11/2018

O sábado 10 de novembro ás 18:30 h. no Auditorio de Galicia a RFG dará un concerto familiar xunto á compañía de monicreques Per Poc para dar visibilidade ao proxecto que Sarela representa.

Este sábado, 10 de novembro, ás 18:30 h. no Auditorio de Galicia a Real Filharmonía de Galicia dará un concerto familiar xunto á compañía de monicreques Per Poc para dar visibilidade ao proxecto que Sarela representa.

 

Esta é unha iniciativa da orquestra dependente do Consorcio de Santiago dentro do proxecto RFG Solidaria. Ao longo desta temporada a orquestra dedica varios concertos para dar visibilidade a entidades sociais. Este ano ademais de Sarela tamén terán cadanseu concerto a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores, Proxecto Home Galicia e Fademga.

O concerto do sábado forma parte do ciclo "Descubre unha orquestra para ti... a túa!" que quere achegar a orquestra e a música clásica a todos os públicos. A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, e acompañada de alumnos da Escola de Altos Estudios Musicais e da compañía de monicreques Per Poc interpretarán O crebanoces (P. I. Chaikovski).

 

Entradas

O prezo é de 5 euros e se quen merca a entrada é menor de 14 anos, recibe outras 2 de balde. Esta modalidade de compra con entradas gratis só se pode facer nos despachos de billetes do Teatro Principal e do Auditorio de Galicia. Esta é a información completa sobre os puntos de venda:

  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e a partir desa hora só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O mesmo día do concerto.   Aberto desde 1 h 30 min antes do concerto.
  • Na web da Concellaría de Cultura.

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información