Como nos afectan os orzamentos do Estado?

10/01/2014

Análise do CERMI sobre a súa incidencia nas persoas con discapacidade.

CERMI elaborou unha análise sobre a Ley 22/2013, de 23 de decembro, de Presupuestos Generales del Estado. O informe está realizado desde o punto de vista das persoas con discapacidade, e debulla como afectan os novos orzamentos ás súas prestacións.
 
 
Os servizos xurídicos do CERMI analizan as novidades relacionadas con prestacións económicas, pensións (de invalidez e do réxime xeral), prestacións por fillo a cargo, subsidio de mobilidade, prestacións reguladas pola LISMI (Lei de Integración Social do Minusválido), e dereitos vinculados á residencia no Estado. 
 
 
Tamén introduce cambios na normativa sobre incapacidade temporal e incapacidade permanente, e disposicións relacionadas coa lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.
 
 
O informe completo está dispoñíbel nesta ligazón: Incidencia dos orzamentos xerais do Estado nas persoas con discapacidade.
 
Categorías: Discapacidade , Dependencia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información