Comeza o préstamo de bicicletas infantís adaptadas

07/05/2014

Pódense levar durante toda a fin de semana.

Sarela conta con dúas bicicletas infantís adaptadas que pon a disposición das persoas socias para o seu préstamo a domicilio. 
 
O método de préstamo é moi sinxelo: só é necesario cubrir o documento de solicitude [ao final da noticia] indicando as datas requeridas e abonar un canon de cinco euros. Asignaranse por orde de petición e priorizaranse as solicitudes novas, de persoas que non utilizaran as bicicletas nas tres semanas anteriores.
 
O socio ou socia que as solicite comprométese a que a bicicleta só será empregada por menores e a asumir os gastos derivados do seu mal uso. O préstamo sempre vai ser de fin de semana, do venres pola mañá ao luns seguinte, tamén pola mañá.
 
Sarela dispón das bicicletas grazas a un proxecto de actividades físico-deportivas para menores con dano cerebral adquirido desenvolvido con FEDACE e a Fundación Inocente, Inocente.
 
doc
  • Documento de préstamo de bicicletas
  • Documento informativo e contractual de préstamo de bicicletas infantís adaptadas.

  • Baixar ficheiro
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información