Comer máis froitas e verduras reduciría o impacto do ictus

20/05/2014

É un xeito de conseguir os nutrientes que a maioría das persoas non obteñen de forma suficiente.

Comer máis froitas e verduras pode reducir o risco de accidente cerebrovascular en todo o mundo. Segundo revela un novo estudo que se publica na revista 'Stroke', que analizou 20 estudos -seis de EE.UU., oito de Europa e seis de Asia-, publicados nos últimos 19 anos para avaliar os efectos da inxesta de froitas e verduras no risco de accidente cerebrovascular a nivel mundial, e nos que en total participaron 760.629 homes e mulleres que sufriron 16.981 accidentes cerebrovasculares, por cada 200 gramos diarios de froita consumidos redúcese o risco de ictus nun 32, e a diminución é do 11% por cada 200 gramos de verduras tomados diariamente.

 

"A dieta e o estilo de vida é fundamental para reducir o risco cardio e cerebrovascular na poboación xeral", destaca Yan Qu, autor principal do estudo e profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Qingdao (China). E sábese que, engade, "unha dieta rica en froitas e verduras é moi recomendable, xa que cumpre coas necesidades de micronutrientes e macronutrientes e de fibra sen engadir unha inxesta de enerxía". Os macronutrientes -carbohidratos, proteínas e graxas- aportan calorías ou enerxía e o noso corpo necesita pequenas cantidades de micronutrientes, como vitaminas e minerais.

 

Os beneficios do consumo de froitas e verduras son moi coñecidos: reducen a presión arterial, melloran a función microvascular, teñen efectos sobre o índice de masa corporal, a circunferencia da cintura, o colesterol, a inflamación e o estrés oxidativo.

 

5 ao día

 

Os datos destes estudo confirman un dato: nos países de medianos e baixos ingresos existe un baixo consumo de froitas e verduras. E, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), aumentar o consumo de froitas e verduras ata 600 gramos cada día podería reducir a carga de ictus isquémico nun 19% a nivel mundial.

 

En países como China, o accidente cerebrovascular é a principal causa de morte, cunha estimación de 1,7 millóns de persoas falecidas en 2010.

 

As recomendacións establecen un consumo de entre catro e cinco porcións de froitas e verduras todos os días como base dunha dieta de 2.000 calorías. Unha dieta rica nunha variedade de cores e tipos de froitas e verduras é un xeito de obter os nutrientes importantes que a maioría das persoas non obteñen de forma suficiente, incluíndo vitaminas, minerais e fibra dietética, ademais de ser naturalmente baixos en graxas saturas.

 

*Información e imaxe extraídas de ABC.
 

Categorías: Prevención , Ictus

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información