Colaboración co Multiúsos do Sar para a promoción do deporte

20/10/2014

Dúas persoas usuarias de Sarela protagonizan un anuncio en prensa.

O deporte é unha prioridade para Sarela. Moitas das persoas usuarias da asociación precisan practicalo como parte dos seus tratamentos de rehabilitación, ao tempo que a sociedade en xeral debe ser consciente de que o deporte, como a alimentación equilibrada e outros hábitos de vida saudábel, é un piar da prevención do ictus -que é a principal causa do dano cerebral-.

Esta fin de semana a relación de Sarela coas instalacións deportivas municipais de Fontes do Sar e Santa Isabel deu un novo froito: a colaboración na campaña 'Abonados 2014'. Dúas das persoas usuarias de Sarela que empregan o Multiúsos do Sar prestan a súa imaxe para animar a toda a cidadanía compostelá a practicar deporte nas instalacións do concello. O anuncio que protagonizan publicouse o sábado no xornal El Correo Gallego e hoxe ten un oco nas páxinas de La Voz de Galicia.

"Vimos facer deporte coa Asociación de Dano Cerebral Sarela. O que máis nos gusta é a bici estática. Séntanos moi ben e pasámolo xenial!". Estas son as declaracións de Jesús e Patricia, protagonistas da campaña, sobre a súa práctica deportiva. O Multiúsos e o Santa Isabel aproveitan a ocasión para visibilizar a accesibilidade das súas instalacións para as persoas con discapacidade. Mentres, Sarela quere insistir no positivo de practicar deporte con regularidade.

 

    Campaña Multiúsos e Santa Isabel Anuncio Multiúsos en El Correo Gallego Anuncio Multiúsos en La Voz de Galicia
Tags: deporte

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información