• XSolidaria 2021 png

Noticias

Chegamos ao programa 50 na nosa colaboración con Radio Estrada

Chegamos ao programa 50 na nosa colaboración con Radio Estrada

Hoxe celebramos que a colaboración que mantemos desde o mes de xuño de 2019 con Radio Estrada chegou ao seu programa número 50. Pronto faremos dous anos desde que Fran Campos comezara coas entrevistas semanais no seu programa A Galería 2.0 con motivo da apertura na Estrada dun punto de información sobre dano cerebral no centro de saúde.

 

Nestes 50 programas pasaron polos micrófonos persoas con dano cerebral, profesionais e familias para dar información en primeira persoa sobre temas, uns xerais e outros máis especializados, sobre o dano cerebral, as súas causas, consecuencias e os servizos de Sarela.

 

Se o desexas podes acceder a todos os programas na sección da nosa web Respostas ao Dano Cerebral

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar