O CERMI recorre o copago farmacéutico hospitalario

21/01/2014

Discrimina ás persoas con discapacidade e con doenzas crónicas.

O CERMI recorreu ante a xurisdicción contencioso-administrativa a resolución do ministerio de Sanidade que establece os criterios de participación no custo (copago) dos usuarios da prestación farmacéutica dispensada no medio hospitalario, co que será a Xustiza a que resolva sobre a legalidade desta medida. Máis aló do ámbito xudicial, o CERMI reclama unha solución política inmediata a esta cuestión, que pasa por modificar a lei do medicamento, a fin de deixar exentas de achega neste tipo de prestación farmacéutica das persoas con discapacidade e persoas con enfermidades crónicas.

 

O CERMI pide o amparo xudicial trala negativa do Departamento que preside Ana Mato a alegatos do CERMI, tanto os formais como os de fondo, no recurso administrativo previo contra a resolución ministerial, que regula a aplicación da previa extensión legal do copago aos medicamentos que se fornecen no ámbito hospitalario, para pacientes non ingresados, que ata ese cambio legal estaban exentos de achega do usuario.

 

O CERMI lamenta a actitude de Sanidade, que persiste nuns argumentos equivocados e inxustos que restrinxen o acceso de moitas persoas con discapacidade e doentes crónicas á prestación farmacéutica, facéndoa máis gravosa aínda, o que compromete o seu dereito á saúde e á asistencia sanitaria.

 

No seu recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, o CERMI solicita a anulación da resolución ministerial, así como a súa suspensión cautelar ata que se pronuncie o órgano sobre a cuestión de fondo.

 

Máis aló do ámbito xudicial, o CERMI reclama unha solución política inmediata a esta cuestión, que pasa por modificar a lei do medicamento, a fin de deixar exentas de achega neste tipo de prestación farmacéutica das persoas con discapacidade e persoas con enfermidades crónicas.

 

*Información extraída de cermi.es semanal.

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información