O CERMI pide que os recortes "non afasten" as prestacións

17/02/2014

Reclama o mantemento dos servizos necesarios para as persoas con discapacidade.

O presidente do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), Anxo Queiruga, pide que os recortes e os copagos "non afasten a unha parte moi importante das persoas con discapacidade das prestacións e servizos que tanto necesitan".

 

Así o manifesta nunha entrevista concedida no número 111 do xornal 'cermi.es semanal', órgano de expresión do Comité Español de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).

 

Deste xeito, refírese á crise e o nivel de paro actual e asegura que esta situación, "na medida en que as prestacións das persoas con discapacidade sexan unha fonte considerable ou importante (ás veces, a única) de ingresos da unidade familiar, causará o afastamento por mera supervivencia".

 

Neste sentido, Queiruga sinala que existe unha relación coa Administración galega "de colaboración, mesmo próxima", e, ademais, indica que se segue mantendo ao CERMI "como unha entidade política que é tida en conta".

 

Con respecto ás demandas da discapacidade en Galicia, o presidente do CERMI galego asegura que a asignatura "máis pendente" é a que nace pola disposición xeográfica, a dispersión do medio rural e o alto envellecemento desas zonas, onde as persoas "non dispoñen dos servizos mínimos necesarios, nin dos apoios básicos".

 

Así mesmo, recoñece que teme que os esforzos que realice o CERMI Galicia para achegar a estas zonas medidas de inclusión social, de promoción da autonomía persoal, ou de prevención da dependencia, "non serán moi fructíferos", pero, ao mesmo tempo recoñece que non van parar no empeño.

 

Por outra banda, manifestou a súa aposta pola calidade "como estandarte" das entidades da discapacidade, a fin de ser competitivas e "vencer ao sector privado". "Se a normativa europea de contratación pública parece recoñecer a posibilidade ou necesidade de que os servizos sociais poidan saír dos concursos e utilizar outras figuras como os convenios, pode ser o inicio dunha nova tendencia", engade.

 

Segundo continúa Queiruga, a tendencia cara os servizos públicos de xestión privada "parece estar moi enraizada", e, na medida que esa xestión pode producir plusvalías, di, "sempre existirá quen o vexa como nicho de negocio".

 

Así, Anxo Queiroga mostra a súa preocupación polo feito de que as entidades non están creando correntes de cooperación, así como pola incerteza sobre o futuro próximo, posibles recortes ou peche de entidades.

 

Para rematar, fai unha valoración positiva sobre o Informe Social Unificado (ISU) de Galicia, que supón unha valoración integral das necesidades das persoas fronte aos recursos públicos.

 

Para el, a elaboración dun informe social unificado na área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal, "constitúe un paso máis por parte da Consellería de Traballo e Benestar na mellora do sistema, a través da implementación de novos instrumentos que melloren a coordinación entre profesionais e institucións, a través da implantación de novas medidas técnicas que facilitan a xestión para mellorar a súa eficacia e eficiencia".

 

Segundo explica, tratouse de obter un instrumento común que facilite o acceso aos servizos sociais vinculados ao área de necesidade de autonomía persoal, diminuíndo ao mínimo o traballo de cumplimentación de diferentes "e con similares contidos" formularios de informe social, configurando o modelo de ISU para o seu uso xeneralizado polos profesionais dos servizos dirixidos a persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas con dependencia.

 

"Trátase, sobre todo, de facilitar un instrumento normalizado que recolla a información básica, pero suficientemente ampla para lograr unha perspectiva global da situación da persoa, das súas necesidades e potencialidades e da súa rede de apoio social e institucional", expón.

 

*Noticia extraída da páxina web do CERMI.

*Fotografía tomada de Pixabay.

 

Categorías: Discapacidade , Dependencia
Compartir en:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información