• XSolidaria 2021 png

Noticias

O CERMI mobilizarase en campaña para reclamar o dereito a voto para 80.000 persoas con discapacidade

O CERMI mobilizarase en campaña para reclamar o dereito a voto para 80.000 persoas con discapacidade

O CERMI mobilizarase durante a campaña electoral para denunciar que en España segue a haber 80.000 persoas con discapacidade que por "falta de vontade política" tampouco poderán votar na convocatoria do 26 de xuño,xa que nesta 'lexislatura express' non se fixo nada por devolverlles ese dereito.

 

"Volveremos a ter unhas eleccións excluíndo a xente que quere participar, que ten un dereito recoñecido internacionalmente e que co desaxuste da nosa lexislación non o van poder exercer", denuncia o presidente do CERMI, Luis Cayo Pérez Bueno.

 

Para o CERMI, en España prodúcese unha "conculcación masiva de dereitos", os de máis de 80.000 persoas con discapacidade intelectual incapacitados xudicialmente. A Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) impide votar nestas circunstancias pero a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade ratificada por España en 2008 obriga a modificar a normativa porque, di, ninguén pode ser privado dese dereito "por razón de discapacidade".

 

En 2011 a ONU examinou a España para comprobar o nivel de adaptación das súas leis á Convención e advertiu incumprimentos. Incluso a Comisión Constitucional do Congreso aprobou en 2013 instar ao Goberno a modificar a LOREG, pero esa inciativa non tivo resposta por parte do executivo.

 

"É unha anomalía de nosa democracia, que a fai máis débil e máis deficitaria. Unhas eleccións máis, a milleiros de persoas se lles nega o dereito máis básico de todos, o de votar, por ter unha discapacidade", sinala o presidente do CERMI. 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar