Celebrado o XXII Día da Once en Galicia

11/05/2015

A vicepresidenta de Sarela, Concha Otero, asistiu en representación de FEGADACE.

O pasado sábado celebrouse en Padrón o XXII Día da Once en Galicia, no que se entregaron unha serie de distincións a membros da entidade e se celebrou un xantar conmemorativo. A vicepresidenta de Sarela, Concha Otero, asistiu á celebración en representación da Federación Galega de Dano Cerebral.

A ONCE organiza cada ano esta xornada, na que se dan cita representantes de entidades do terceiro sector de toda Galicia xunto con membros da Administración pública. Trátase de homenaxear aos membros da ONCE que se xubilan e tamén aos que rematan os seus estudos universitarios.

O acto contou tamén coa presenza dunha representante da Consellería de Traballo e Benestar, que foi a encargada de entregar os recoñecementos.
 

Categorías: Sarela , FEGADACE , Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información