Campamentos xuvenís con prazas para a discapacidade

26/03/2015

Convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar aberta ata o 8 de abril.

A Consellería de Traballo e Benestar fixo pública a súa 'Campaña de verán 2015', a través da que se ofertan campamentos xuvenís para as vindeiras vacacións, e se reservan prazas de inclusión para persoas con discapacidade. A oferta de campamentos está destinada a nenos/as e mozos/as entre 9 e 18 anos e prevé unha variada oferta de campamentos e campos de traballo.
 
Pode solicitar participar calquera persoa entre 9 e 18 anos; as nacidas en 2006 deberán ter os 9 anos no momento de iniciar o campamento, e as nacidas no 1997 non poderán facer os 18 antes de que remate o campamento.
 
No que se refire ás persoas con discapacidade, poden asistir aquelas que teñan un nivel igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%. As instalacións poden ser accesíbeis pero non estaren adaptadas, polo que se recomenda revisar, na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, as características de cada aloxamento en concreto. 
 
O prazo de solicitude está aberto ata o 8 de abril. Hai dous procedementos, que son incompatíbeis entre si. Por unha banda, o procedemento xeral, para solicitudes individuais ou múltiples, exclusivamente para as actividades detalladas no anexo IA. Pola outra, acolléndose á reserva de prazas para a inclusión, nos campamentos e quendas que se inclúen no anexo IB. Toda a documentación e anexos necesarios están dispoñíbeis na orde publicada no DOG pola Consellería de Traballo e Benestar.
 
 
*Neste folleto hai máis información sobre a oferta de campamentos: Acción de Verán 2015.
 
*Na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado tamén se pode atopar máis información: Acción de Verán en Xuventude.net.
 
Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información