Campamentos para persoas con discapacidade da Xunta

06/06/2014

Con idades comprendidas entre os 11 e os 40 anos.

A Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia convocou as prazas de campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. A convocatoria está dirixida a persoas cun grao igual ou superior ao 33% de discapacidade, e con idades comprendidas entre os 11 e os 40 anos.

 

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o día 21 de xuño (incluído). O formulario que hai que presentar pode descargarse aquí, e debe entregarse na Consellería de Traballo e Benestar (Edificio Administrativo de San Caetano S/n), en Santiago. O propio formulario inclúe indicacións sobre a documentación que se debe presentar a maiores. Entre elas está un informe médico sobre saúde, autonomía persoal e farmacoloxía da persoa con discapacidade.

 

A oferta de campamentos comprende o Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo, a Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, o centro ASPANAS Termal, en Ourense, e o Campo de Traballo de Vilarbó, nas Pontes de García Rodríguez. Neste folleto pódese ver, polo miúdo, en que datas e que franxas de idade cubre cada unha desas ofertas. Todos os campamentos teñen a mesma duración -dez días- e o mesmo prezo -125 euros-.

 

Hai máis información no teléfono 900 333 666 e na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar.
 

*Información extraída do blog de FEGADACE.

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información