• XSolidaria 2021 png

Noticias

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar algunha das 150 prazas que oferta nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Hai ata o 2 de maio para presentar as solicitudes e a documentación. Este programa da Consellaría de Política Social permite gozar durante 10 días dunha estadía nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro.

 

Neste enlace da  web da Consellaría de Política Social  está toda a información e impresos.

 

Persoas destinatarias

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.

 

Destinos, actividades, datas, idades e prezos

Requisitos

  • Ter recoñecida unha discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima á súa finalización.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

 

Servizos ofertados

  • Aloxamento en albergue,residencia ou apartamento, segundo o destino solicitado.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Programa de actividades de animación sociocultural.
  • Material necesario para a actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

 

Modelo de solicitude e de informe médico

A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda. 

A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais e terán que estar asinados polos pais/nais ou titores das persoas con discapacidade e polo persoal médico, segundo corresponda.

 

- Podes descargar o impreso de solicitude neste enlace:  IMPRESO DE SOLICITUDE 

- Podes descargar impreso de informe médico neste enlace:  IMPRESO DE INFORME MÉDICO

 

Prazo e lugares de presentación de solicitudes ata o día 2 de maio

As solicitudes, acompañadas da documentación requirida, presentaranse por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á:

 

Consellería de Política Social.

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Edificio administrativo San Caetano, s/n. 

15781 Santiago de Compostela.

 

Custo da praza e bonificación

  • As persoas participantes deberán ingresar a cantidade establecida, nos termos que se lle indiquen ao notificarlle a concesión da praza.
  • Ese importe pódese reducir nun 50% se a persoa ten o título de familia numerosa e nun 25 % se ten o carné xove. Estes descontos non serán acumulables en ningún caso.
  • No caso de acollerse a algunha destas dúas condicións terase que acompañar coa solicitude o documento acreditativo (fotocopia do título de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda).

 

Información:

  • Para información xeral pódense dirixir ao número  900 333 666 do Teléfono Social de forma gratuíta.
  • Aos servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
  • Aos servizos sociais comunitarios dos concellos.
  • Aos servizos sociais dos centros sanitarios.
  • Para información sobre a xestión do programa, remisión de documentación, valoración de solicitudes e adxudicación de prazas ao Servizo de Prevención da Dependencia, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, teléfonos: 981 547 437, 981 544 640, autonomiapersoal.sxps@xunta.es

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar