• banner servizo sarela feb2020 795x180 2

Noticias

O proxecto “Camiñando polo dano cerebral” de FEGADACE chega a Compostela para percorrer un tramo do Camiño ata o Obradoiro

O proxecto “Camiñando polo dano cerebral” de FEGADACE chega a Compostela para percorrer un tramo do Camiño ata o Obradoiro

“Camiñando polo dano cerebral” é un proxecto impulsado por FEGADACE no marco do programa “O Teu Xacobeo” financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022 e para a prevención do DCA entre as persoas que peregrinan a Compostela. Entre as accións que o compoñen, ademais da camiñada en Santiago, destacan un ciclo de charlas, un trail e andaina solidaria en Ourense e a edición dun vídeo e dun folleto.

 

A prevención do dano cerebral é unha dos fins principais tanto de FEGADACE como das entidades que a forman. O Camiño de Santiago é o escenario de moitas situacións de risco, especialmente de traumatismos cranioencefálicos, pero tamén é unha oportunidade para incorporar hábitos saudables, sobre todo a nivel de actividade física, cos que reducir o risco de ictus. Por iso a primeira iniciativa que lanzou a federación galega foi un vídeo dirixido a todas as visitantes que chegan a Compostela a pé ou en bicicleta.

 

Estes consellos poden consultarse máis pausadamente no folleto 'O importante é chegar ben', no que FEGADACE dá a benvida a peregrinos e peregrinas dándolles os parabéns por optar pola actividade física no seu tempo de lecer, e lembrándolles a que riscos se expoñen durante a ruta, para finalmente achegarlles as pautas a seguir se teñen o presencian unha emerxencia, ou se precisan unha axuda menos urxente.

 

Trail e andaina solidaria en Ourense e última etapa do Camiño en Santiago

 

Dando continuidade á iniciativa de promoción da saúde, FEGADACE organiza en Ourense, o domingo 12 de setembro, un trail de 14 quilómetros, e tamén cunha andaina máis curta, de 8,5. A inscrición está aberta en carreirasgalegas.com, onde se pode consultar a ficha técnica, a ruta do trail, a ruta da andaina, descargar o regulamento e acceder ao protocolo COVID-19 xunto coa correspondente declaración responsable. A cota solidaria de inscrición é de 10 euros no trail e 5 euros na andaina. Tamén está dispoñible un Dorsal 0. O prazo para anotarse finaliza o 7 de setembro.
Á semana seguinte, o venres 17, as persoas con dano cerebral van ser as protagonistas da última actividade do ciclo 'Camiñando polo dano cerebral'. Grupos procedentes das cinco asociacións de FEGADACE van facer xuntos un tramo da última etapa do Camiño, ata a Praza do Obradoiro, para logo gozaren dun xantar de convivencia no Parque de Galeras.

 

Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar