Bolsos e pendentes incorpóranse á tenda de Sarela

12/02/2014

Elaborados polas persoas usuarias da asociación nos seus obradoiros.

A tenda online de Sarela non para de medrar. As persoas usuarias da asociación gañan experiencia co fieltro e comezaron a elaborar bolsos de cores con forma de bandoleira.

 

Os bolsos están elaborados con remendos, decorados con flores e outros motivos, e son de diferentes cores. Hai varios modelos, e todos eles están forrados e contan cun peto interior. A continuación pódese ver un detalle do forro:

 

Outra das novidades que presenta a tenda son os pendentes elaborados con fimo. Teñen un ganchiño de prata e abalorios de cores.

 

Mercar na tenda de Sarela é moi sinxelo: só hai que seleccionar os produtos que se queren adquirir e cubrir un pequeno formulario no que se debe anexar o documento de pagamento.

 

O traballo de manualidades axuda a mellorar a autoestima das persoas con dano cerebral adquirido e reforza a súa inclusión social. Nos obradoiros melloran, ademais, as súas habilidades e coñecementos manuais.

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información