Sarela celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniacitiva “Baixo o mesmo paraugas. Este ano ... na casa”

30/11/2020

O martes 3 de decembro máis de 80 entidades entidades sociais de toda Galicia celebramos un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade”. A diferenza doutros anos, a situación creada pola Covid-19 impedirá desenvolver os actos públicos que se desenvolvían nas cidades pero as entidades realizarán actividades a distancia así como a publicación e lectura do manifesto reivindicativo redactado para conmemorar este día.

O martes 3 de decembro máis de 80 entidades entidades sociais de toda Galicia celebran un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade. A diferenza doutros anos, a situación creada pola Covid-19 impedirá desenvolver os actos públicos que se desenvolvían nas cidades da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo pero as entidades realizarán actividades a distancia así como a publicación e lectura do manifesto reivindicativo redactado para conmemorar este día. As asociacións convocadoras representan en conxunto a unha base social de máis de 40.000 persoas entre persoas con discapacidade, familias, socios/as, voluntarios/as e profesionais.

 

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (mediante a resolución 42/7) e o seu obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o seu desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. En definitiva, para concienciar sobre a complexidade dos problemas da discapacidade e os desafíos aos que se enfrontan as persoas con discapacidade en todo o mundo.

 

Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade naceu en 2016 na cidade da Coruña e desde o 2018 tamén se celebra en Santiago. En 2020 esta iniciativa cooperativa está impulsada por Acem (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple), Down Compostela, Fegadace (Federación Galega de Dano Cerebral), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple) e Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela).

 

Este ano, debido á situación sanitaria, non se realizarán as concentracións nas diferentes cidades e serán substituídas por accións nas redes sociais. As entidades chaman a encher as redes sociais con imaxes de persoas con paraugas e quen se queira sumar só ten que sacarse unha foto cun paraugas e subilo ás redes sociais usando o cancelo #BaixoOMesmoParaugas. A lectura do manifesto tamén será online desde cada cidade.

 

O manifesto deste ano estará aliñado co lema que a UNESCO elixiu para este día: "Reconstruír mellor: cara a un mundo post COVID-19 inclusivo, accesible e sostible por, para e con persoas con discapacidade". Parecía inevitable que a pandemia marcara as reivindicacións deste 3 de decembro pero a realidade é que as persoas con discapacidade vense afectadas desproporcionadamente polas consecuencias sanitarias, sociais e económicas da pandemia mundial. O tema deste ano fai fincapé na importancia de fortalecer os nosos esforzos colectivos para o acceso universal a servizos esenciais, incluíndo protección sanitaria e social inmediata, educación, infraestrutura dixital, información accesible, emprego e outras oportunidades socioculturais para garantir que as persoas con discapacidade non deixado atrás en tempos de crise e máis alá.

 


 

 

 

 

Categorías: Discapacidade

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información