O centro de Sarela acolle tres obradoiros entre setembro e novembro.
As xuntas directivas de
FEGADACE e das súas asociacións membro están a participar desde setembro nun programa de formación destinado a mellorar o desenvolvemento das súas funcións directivas e a afianzar a identificación das entidades que representan coa Federación Galega de Dano Cerebral, que as une desde 2007.
A formación está dividida en tres sesións. A primeira desenvolveuse o sábado 5 de setembro en Compostela, e estivo aberta a membros das xuntas directivas e a directores/as das asociacións. A seguda sesión será este sábado, 3 de outubro, nas instalacións de Sarela, e a última o 7 de novembro, tamén sábado e na mesma cidade.
O formato da actividade é tipo obradoiro, promovendo a interacción entre as persoas participantes e cun desenvolvemento práctico guiado por David Pereiro, da consultora
Algalia. O obxectivo é estreitar os lazos interpersoais das directivas de
ADACECO,
ADACE,
Alento,
Renacer e Sarela para favorecer a cohesión e continuar o proceso de construción da Federación Galega de Dano Cerebral.
As persoas asistentes reciben neste ciclo formación sobre competencias directivas, liderado, traballo en equipo, intelixencia emocional, xestión do cambio, xestión do tempo, delegación e xestión de conflictos. O obxectivo é que tomen conciencia do seu papel de liderado dentro das asociacións para decidiren conxuntamente que tipo de liderado queren exercer na Federación.
*Información e imaxe extraídas da páxina web de
FEGADACE.