• XSolidaria 2021 png

Noticias

Aprobada en asemblea a nova composición da xunta directiva así como os orzamentos e proxectos para 2021

Aprobada en asemblea a nova composición da xunta directiva así como os orzamentos e proxectos para 2021

Na tarde do pasado venres, 26 de marzo, Sarela celebrou a súa asemblea anual ordinaria na que se aprobaron os orzamentos da entidade para 2021, as contas auditadas do exercicio 2020 así como a memoria das actividades realizadas nese ano. A asemblea tamén analizou os proxectos que terán continuidade neste ano así como os novos a pór en marchar nun momento especialmente complicado para as persoas con dano cerebral e súa familias.

 

Esa mesma tarde tamén se celebrou unha asemblea extraordinaria que tiña como único punto na orde do día a elección da xunta directiva da asociación. Na asemblea aprobouse unha xunta directiva formada por 9 persoas e á que se incorporan, en relación á que viña funcionando, tres novas persoas socias. José Balboa, un dos fundadores de Sarela, continúa como presidente. A composición completa é a seguinte:

 

Presidente:

José Balboa Ayán

 

Vicepresidenta:

Concepción Otero Sigüeiro

 

Secretario:

Luciano Fernández Pintor

 

Tesoureiro:

Carlos González Nieto

 

Vogais:

María Asunción Iglesias Prieto

Lino Castro Daponte

Celia Alonso Caramés

Jesús Ricoy Ferreiro

Paula Otero Davila

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar