• XSolidaria 2021 png

Noticias

Actividades pola Semana da Epilepsia

Actividades pola Semana da Epilepsia
A Unión Galega de Epilepsia (UGADE) organiza unha serie de actividades pola Semana da Epilepsia, adicada aos dereitos das persoas con esta doenza crónica.
 
As actividades comezan o venres 22 de maio en varias sedes con tres mesas informativas. Estas mesas van estar no Hospital Xeral e no do Meixoeiro, en Vigo, de 10:00 a 14:00, no Hospital Xeral e no Materno, na Coruña, de 09:30 a 14:00, e no Hospital Clínico de Santiago de 09:30 a 14:00.
 
O groso do programa desenvólvese o sábado, 23 de maio, desde as 10:00, no Centro Cultural das Fontiñas (en Santiago de Compostela). Inclúe:
 
  • 10:15. Aspectos psicosociais e recursos para persoas con epilepsia, por José Luís Barreiro Mosquera, traballador social do Complexo Hospitalario de Santiago.
  • 11:30. A epilepsia na familia, por Miguel Anxo García Álvarez, facultativo especialista da área de Psicoloxía Clínica do Complexo Hospitalario de Santiago.
  • 13:00. Coloquio-encontro.
  • 13:45. Peche da xornada.
 

Multimedia

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar