Actividade de escolla libre os venres pola tarde

11/09/2015

Cinema, xogos de mesa, ou o 'Furor' forman parte da oferta.

Cando retoma a rutina despois do verán, Sarela adoita facer cambios nalgunhas das súas actividades. O resultado das enquisas de satisfacción e as necesidades técnicas das persoas usuarias orientan a adaptación da oferta de actividades, que se proban en setembro e se establecen definitivamente en outubro.
 
Unha das novidades da nova programación ten lugar nas tardes dos venres, cando as persoas usuarias teñen a oportunidade de escoller que actividade queren facer. Cada semana poden seleccionar diferentes opcións de entre as súas preferidas:
 
  • 1ª semana do mes: sesión de cinema ou xogos de mesa variados
  • 2ª semana do mes: sesión de cinema ou xogos de mesa variados
  • 3ª semana do mes: 'Furor' (xogo de identificación de cancións) ou diferentes xogos de mesa
  • 4ª semana do mes: Celebración dos aniversarios do mes
 
A posibilidade de escolla potencia a autonomía das persoas con dano cerebral adquirido, fomenta a súa capacidade de análise, e ten como recompensa o feito de pasar un bo rato practicando actividades adaptadas ao gusto de cada usuario ou usuaria.
 
Na tarde de hoxe a elección foi unánime; tal e como se pode ver na fotografía, as persoas usuarias de Sarela escolleron sesión de cinema.
 
Categorías: Sarela
Tags: actividades

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información