• XSolidaria 2021 png

Noticias

A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar o Bono Coidado co que subvencionará o uso de recursos de atención á infancia a domicilio

O Diario Oficial de Galicia publicou o 26 de agosto a orde para a posta en marcha de modo experimental do Bono Coidado, un programa a través do que se concederá unha axuda económica directa ás familias para colaborar no pago do importe de servizos de atención á infancia a domicilio.

 

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio por enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar; por enfermidade da persoa coidadora habitual; asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación; ou por situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.

 

80 horas por familia

 

O Bono Coidado concederase en réxime de concorrencia non competitiva ás familias con nenos e nenas menores de tres anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen deste recurso para cubrir necesidades puntuais. Deste xeito, concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado (un máximo de 20 horas na anualidade 2016 e de 60 horas na anualidade 2017).

 

Requisitos

 

Os beneficiarios/as destas axudas deberán residir na Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha nena ou neno nado/a con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017. Así mesmo a renda da unidade familiar non pode superar os 45.000 euros ou os 13.500 euros per cápita. Para estes efectos terase en conta a declaración do IRPF do ano 2014 respecto da anualidade 2016 e do ano 2015 respecto da anualidade 2017.

 

A contía da axuda estará determinada polos seguintes tramos: renda per cápita familiar ata 3.750 euros obterán unha axuda de 14€/hora; renda per cápita familiar superior a 3.750 euros e ata 7.500 euros, 11€/hora; renda per cápita familiar superior a 7.500 euros e ata 10.000 euros, 9€/hora; e renda per cápita familiar superior a 10.000 euros e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites seguintes: menos de 45.000 euros ou dos 13.500 euros per cápita da suma da base impoñible xeneral e da base impoñible do aforro, 7€/hora.

 

O período subvencionable será o que vai dende o día seguinte ao da publicación da orde ata o 30 de setembro de 2017.

 

Unha vez notificada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias deberán achegar á xefatura territorial correspondente a solicitude de pagamento, as facturas orixinais onde conste o día e hora/s en que se prestou o servizos xuntos cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento e a xustificación documental da situación puntual que dá dereito á percepción da axuda. A partir dese momento a contía da axuda farase efectiva.

 

Presentación de solicitudes

 

As persoas interesadas en beneficiarse do Bono Coidado deberán presentar unha solicitude, dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa neste enlace, así como neste enderezo electrónico. Ademais desta solicitude, os interesados e interesadas deberán achegar a documentación requirida na orde  e presentala na xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia onde teña o seu domicilio a persoa solicitante.

 

Enlaces de interese

 

Orde do 11 de agosto publicada no DOG

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160826/AnuncioG0425-120816-0002_gl.html

 

Acceso ao procedemento para presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galia

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=BS&codProc=412A&procedemento=BS412A

 

Nova elaborada con información da web da Xunta de Galicia

 

 

Categorías: Saúde

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar