A importancia de marcar o X Solidario na declaración da renda

04/04/2016

Marcando na declaración do IRPF o cadro 'Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social' destinas o 0,7% dos teus impostos a

Desde o pasado 6 de abril e até o 30 de xuño está aberto o prazo para presentar a declaración da renda e agora é o momento de insistir na importancia do X Solidario.

 

Ao marcar o cadro 'Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social', tamén coñecido como 'X Solidario', ti decides que o 0,7% dos teus impostos se destine a programas sociais (discapacidade, infancia...) que cambian a vida das persoas e axudas a aquelas con maior risco de exclusión. Ao marcar o X Solidario non se paga máis diñeiro, nin se recibe menos devolución.

 

Do mesmo xeito, se marcamos tamén o cadro da Igrexa, as porcentaxes sobre as que se decide acumúlanse. Así, marcando o cadro de Fins Sociais e o da Igrexa, a persoa contribuínte reserva para esas causas o 1,4% dos seus impostos.

 

En 2015 os proxectos xestionados por FEDACE (Federación Española de Daño Cerebral) e as súas asociacións atenderon a 7.460 persoas con DCA, 5.125 familias recibiron información e apoio e 1.300 persoas beneficiáronse do programa de promoción da autonomía persoal e inclusión social. Nos últimos anos tamén se construíron e equiparon centros como os de Sarela, Alento en Vigo e os de Madrid, Granada, Cádiz, Valencia e Barcelona.

 

 

 

Categorías: Terceiro sector
Tags: X Solidaria

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información