A exposición de FEGADACE "Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido" estará no CHUS durante o mes de agosto

30/07/2021

As imaxes, obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións galegas de dano cerebral e están protagonizadas por persoas con distintos graos de discapacidade e en diferentes situacións que amosan o seu día a día.

As imaxes, obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións galegas de dano cerebral e están protagonizadas por persoas con distintos graos de discapacidade e en diferentes situacións que amosan o seu día a día. 

As fotografías que compoñen a mostra, obra do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizáronse nas cinco asociacións que forman parte da Federación Galega de Dano Cerebral. Nas imaxes, protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela, amósase a súa vida cotiá, as actividades que realizan ou a súa convivencia, é dicir, a vida despois do “punto e seguido” tras un ictus, un traumatismo cranioencefálico, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido.

Ademais, para acompañar a exposición, FEGADACE realizou unha serie de vídeos curtos que contan con diferentes testemuños de persoas con dano cerebral, familiares e profesionais das entidades. Son un total de sete vídeos, cunha peza principal e seis máis pequenas, que crean un retrato da complexidade de secuelas que compoñen o dano cerebral: físicas, sensoriais, económicas, cognitivas, sociais, orgánicas, etc.

Categorías: FEGADACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información