A Asemblea Xeral ratifica os proxectos en marcha

30/03/2015

Celebrada na tarde do venres, 27 de marzo.

Sarela celebrou o pasado venres a súa Asemblea Xeral de 2014, que atendeu aos informes da entidade correspondentes a ese ano. Secundaron a convocatoria máis de vinte socios e socias da entidade, que aprobaron a memoria, contas e demais documentos presentados pola Xunta Directiva.
 
A asemblea ordinaria estivo acompañada de dúas extraordinarias, convocadas ex professo para unha modificación estatutaria e para modificar o enderezo social e fiscal de Sarela, unha vez rematado o traslado ao centro do Traspaxonal.
 
A Asemblea Xeral aprobou as contas e a memoria de actividades de 2014, así como o orzamento de 2015. No apartado de rogos e preguntas o interese das persoas asistentes estivo centrado en preguntas sobre o copagamento das prazas de centro de día.
 
A continuación pódese consultar a Memoria de Actividades de 2014.
 
pdf
  • Memoria de Actividades 2014
  • Memoria de Actividades de 2014, que recolle a información relativa aos programas e servizos desenvolvidos por Sarela ao longo dese ano.

  • Baixar ficheiro
    Asemblea Xeral 2015 Asemblea Xeral 2015
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información