A Asemblea anual aproba os orzamentos para 2016 e a redacción do novo Plan estratéxico

15/03/2016

Na sección "Transparencia" desta web pódese acceder á memoria de actividade e aos documentos económicos

Sarela celebrou o 11 de marzo a súa asemblea anual de socios e socias cunha orde do día na que se incluían como principais puntos a aprobación das contas de 2015 e dos orzamentos para 2016. Nesta reunión tamén se presentou a memoria das actividades realizadas o pasado ano e houbo unha posta en común e análise dos proxectos desenvolvidos pola entidade.

 

Sarela terá en 2016 un orzamento total de 528.582 euros, unha cifra importante que garante o funcionamento dos servizos e actividades da asociación. Este orzamento está pensado para asumir a progresiva ocupación do centro e a posta en marcha de novos servizos, en función dos tempos administrativos.

 

PLAN ESTRATÉXICO 2016-2020

 

O máximo órgano colexiado da asociación deu o visto bo ao comezo dos traballos de elaboración do novo Plan estratéxico de Sarela para o período 2016-2020. Esta folla de ruta continuará o traballo do anterior e que se redactou para o período 2011-14.

 

O novo documento será, segundo a Xunta directiva da asociación, un plan realista pero ambicioso dado o cambio cualitativo que supón para a defensa e atención das persoas con dano cerebral contar cun moderno centro de atención. Desde o 17 de marzo unha comisión formada por membros da directiva, socias e profesionais de Sarela traballan na redacción no documento.

 

 

 

Na sección "Transparencia" desta web pódese acceder aos documentos seguintes documentos:

 

 

 

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información