• XSolidaria 2021 png

Noticias

A apnea do sono duplica o risco de ictus

A apnea do sono duplica o risco de ictus
A apnea do sono é basicamente a aparición de pausas na respiración mentres se dorme. Polo menos catro de cada cen españois sofren este trastorno respiratorio, que duplica o risco de ictus e aumenta a incidencia do cancro. Con motivo do Día Mundial do Sono, os expertos reunidos pola Sociedade Española do Sono (SES) recordan a relación desta patoloxía cos problemas cardiovasculares ou o cancro.
 
O 63% das persoas con problemas cardiovasculares experimenta apneas do sono, que tamén poden estar asociadas á demencia vascular ou o alzhéimer, tal e como advirte o coordinador dun grupo de estudo da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN), Hernando Pérez. 
 
Este trastorno respiratorio afecta a case o 25% dos roncadores, adoita causar problemas de atención ou cansazo inxustificado e aumenta a frecuencia de crise epilépticas en pacientes deste tipo. Desde a Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía de Tórax (SEPAR), o doutor Nicolás González Managado asegura que a apnea do sono é un "problema de saúde pública infravalorado" e a súa prevalencia é maior do que se pensa, xa que adoita ser "asintomático". 
 
Aínda que unha persoa con apnea do sono ten máis probabilidades de padecer un tumor de calquera tipo, existe unha incidencia lixeiramente superior en cancro de pulmón ou gastrointestinal. A "epidemia da obesidade" ten moito que ver con este trastorno: o 40% das persoas obesas deixan de respirar durante breves períodos de tempo pola noite, engade González Mangado.
 
Xa que logo, a perda de peso adoita ser un requisito imprescindible para abordar o problema. Tamén existen tratamentos cirúrxicos para reducir a roncopatía intensa e aparellos especiais que suxeitan a lingua para evitar o ronquido. A regra de ouro é "non automedicarse".
 
Hai outros factores que aumentan o risco cardiovascular, como "durmir menos de seis horas ao día". A doutora Teresa Canet, da SES, subliña a importancia do descanso nos máis pequenos: calquera desorde neste ámbito "afecta ao seu crecemento" e pode causar alteracións na conduta. 
 
De feito, unha cuarta parte dos nenos diagnosticados como hiperactivos en realidade son vítimas da apnea do sono. Se aparece tres días á semana durante tres semanas seguidas, é importante acudir á consulta. Canet recomenda observar o comportamento dos pequenos durante o día: fracaso escolar, exceso de actividade ou cansazo e demasiados pesadelos son síntomas de que algo vai mal. Aínda así, este problema desaparece ao crecer no 80% dos casos. 
 
Aporta, ademais, as claves para lograr un soño reparador a calquera idade: nada de alcohol ou tabaco logo das catro da tarde e coidado cos estímulos luminosos pola noite. Neste sentido, Pérez recorda que levar o móbil ou a tableta para a cama ten efectos negativos no sono. "Afectan á hormona da melatonina, que se regula en función da luminosidade", precisa. 
 
Tampouco axuda trasnoitar con programas de televisión que non acaban nunca, nin cear como un rei pouco antes de deitarse. O mellor é establecer horarios regulares do sono, saír á rúa para gozar da luz natural e facer un pouco de exercicio cada día. Así será máis fácil durmir sete horas e media do tirón.
 
*Información e imaxe extraídas do xornal 20 Minutos.
 
Categorías: Prevención

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar