Participamos no encontro de coordinación de proxectos de FEDACE

16/02/2016

Durante os días 11 e 12 de febreiro Sarela participou, representada pola súa directora Rocío Garcia, na reunión de coordinación de proxectos a nivel estatal de FEDACE (Federación española de daño cerebral) e na que participaron outras vinte e tres entidades. Este encontro dá continuidade ao celebrado en 2014 e da que saíu o “Caderno FEDACE nº 16. Planificación e xestión de proxectos nas asociacións de DCA”.

 

Neste último encontro establecéronse criterios de selección e valoración de proxectos para determinar cales son máis interesantes e necesarios para impulsar desde FEDACE e houbo unha posta en común dos proxectos que se están a realizar neste momento. Nas xornadas tamén houbo espazo para a formación en comunicación e dano cerebral. 

Categorías: FEDACE

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información