• Servizo Mellor e mantemento autonomía persoal Dano Cerebral Sarela

Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS)

O Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) está orientado a aquelas persoas con Dano Cerebral Adquirido que se atopan na fase de estabilización tras o período de rehabilitación.

A través deste servizo pódense beneficiar das diferentes actividades que se propoñen de cara a continuar a mellora e/ou mantemento das súas capacidades e habilidades adquiridas ata o momento, facendo uso dos recursos comunitarios que temos ao noso alcance e favorecendo as relacións interpersoais co resto de compañeiros/as que comparten as actividades.

O horario é de 10:00 a 13:00 os luns, mércores e venres, tendo a posibilidade de acudir só dous días á semana.

As actividades propostas están enfocadas a:

  • Realizar actividades físicas de forma máis dirixida, específica e adaptada ás necesidades individuais. Mediante as mesmas manténense as capacidades físicas adquiridas e redúcese o risco de enfermidades crónicas e a dependencia.

  • Potenciar as habilidades sociais e favorecer a toma de decisións, iniciativa e participación grupal. Compartir experiencias persoais con outras persoas que estiveron ou están na mesma situación e apostar por actividades que fomenten a inclusión e onde as persoas con DCA sexan parte activa do cambio.

  • Participar dos recursos do entorno comunitario sendo parte activa da sociedade.

Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoa e Inclusión Social da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información