• sala fisioterapia asociacion sarela dano cerebral

Servizo de Atención Especializada - Rehabilitación

LEVAR OS OBXECTIVOS DA REHABILITACIÓN DO DANO CEREBRAL AO DÍA A DÍA

Este servizo consta dun equipo interdisciplinar formado polas especialidades de fisioterapia, logopedia, psicoloxía/neuropsicoloxía, terapia ocupacional e traballo social así como da intervención de terapia acuática. Todas elas participan no proceso de rehabilitación dunha persoa con dano cerebral que está en fase subaguda.

Nesta fase, unha vez recibida a alta hospitalaria, a persoa comeza a rehabilitación específica segundo as súas necesidades. No Servizo de Atención Especializada (SAE) aténdese tanto adultos (sen límite de idade) coma nenos/as.

O horario é de 9:30 a 17:30 horas.

Tratamento individualizado, intensivo e integral


A través dun enfoque transdisciplinar compártense os coñecementos, informacións e técnicas entre os/as profesionais do equipo co fin de ofrecer unha abordaxe integral da persoas con dano cerebral e súa familia, converténdose ambas no centro da intervención.

Para iso deséñase un plan de tratamento individual, integral e intensivo establecendo obxectivos funcionais, unha avaliación continuada da consecución dos mesmos, revisando trimestralmente o plan de intervención e axustándoo segundo a evolución da persoa ata o momento da súa alta no servizo.

Levar a rehabilitación á vida diaria


Un dos problemas comúns nos procesos de rehabilitación é que moitas veces a persoa non traslada ao seu día a día (domicilio, entorno social, tempo de lecer etc) a melloría acadada  durante as intervencións.

Para conseguilo, en caso de ser necesario, parte da rehabilitación faise no entorno no que a persoa desenvolve a súa vida (fogar, comunidade, parque de xogos no caso dos nenos/as etc). Desa forma búscase incorporar as melloras adquiridas nos tratamentos no centro á actividade que fai na súa vida. Tamén serve para valorar que aspectos da rehabilitación traballar para asegurar este obxectivo.

O obxectivo final da rehabilitación sempre será fomentar a maior autonomía posible da persoa e potenciar a integración na comunidade.

Neste sentido, a familia é parte fundamental neste proceso e conxuntamente co equipo profesional e a persoa con dano cerebral colaboran na consecución duns obxectivos de rehabilitación comúns. Para iso ás familias da persoa con DCA ofrecémoslle en todo momento, entre outras facilidades:

  • Apoio e atención psicolóxica.
  • Asesoramento sobre as axudas técnicas que facilitarán a vida diaria ou a adaptación do fogar.
  • Coordinación da atención con outros servizos externos a Sarela aos que acudan.
  • Atención e asesoramento desde traballo social.

 

Preparación á alta


Cando a alta no servizo está próxima hai un proceso de preparación á mesma que se realiza coa suficiente antelación. Nesta fase traballamos en función das necesidades e expectativas de cada persoa:

  • Coordinando, cando se precise, a derivación a outros servizos de Sarela ou externos á entidade.
  • Planificando actividades que poida desenvolver no seu entorno comunitario
  • Acompañando á persoa no proceso de retomar o súa actividade profesional ou académica.
  • Apoiando á familia neste proceso.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información