Este servizo reúne as especialidades (fisioterapia, logopedia, psicoloxía/neuropsicoloxía, terapia ocupacional e traballo social así como a actividade acuática) que participan no proceso de rehabilitación dunha persoa con dano cerebral que está en fase subaguda.
Nesta fase, unha vez recibida a alta hospitalaria, a persoa comeza a rehabilitación específica segundo as súas necesidades. No Servizo de Atención Especializada (SAE) aténdese tanto adultos (sen límite de idade) coma nenos/as. O noso horario é de 9:30 a 17:30 horas.
Especialidades como Psicoloxía/Neuropsicoloxía, Terapia Ocupacional, Logopedia, Fisioterapia e Traballo Social forman parte da rehabilitación en DCA.
O SAE está composto por un equipo de profesionais de fisioterapia, logopedia, psicoloxía/neuropsicoloxía, terapia ocupacional e traballo social. Este equipo valora a cada persoa e á familia e establece un plan de tratamento individual, integral e intensivo no que participarán as disciplinas que sexan precisas.
Para cada persoa establécense obxectivos funcionais, actividades para desenvolvelos e unha avaliación continuada da consecución dos mesmos. O plan individual é revisado trimestralmente e axustado segundo a evolución da persoa ata o momento da súa alta no servizo.
Un dos problemas comúns nos procesos de rehabilitación é que moitas veces a persoa non traslada ao seu día a día (vida doméstica, entorno social, tempo de lecer etc) a melloría que demostra nas sesións de tratamento.
Para acadalo, en caso de ser necesario, parte da rehabilitación faise no entorno no que a persoa desenvolve a súa vida (fogar, parque de xogos no caso dos nenos/as etc). Desa forma búscase incorporar as melloras adquiridas nos tratamentos no centro á actividade que fai na súa vida. Tamén serve para valorar que aspectos da rehabilitación traballar para asegurar este obxectivo.
O obxectivo final da rehabilitación sempre será fomentar a maior autonomía posible da persoa e potenciar a integración na comunidade.
Neste sentido, a familia é parte fundamental neste proceso e conxuntamente co equipo profesional e a persoa con dano cerebral colaboran na consecución duns obxectivos de rehabilitación comúns. Para iso ás familias da persoa con DCA ofrecémoslle en todo momento, entre outras facilidades:
Cando a alta no servizo está próxima hai un proceso de preparación á mesma que se realiza coa suficiente antelación.
Nesta fase traballamos en función das necesidades e expectativas de cada persoa: