Sarela participa no novo proxecto “Calidade de vida familiar e Dano Cerebral” do INICO

31/05/2022

Coa colaboración de FEDACE (Federación Española de Dano Cerebral) e do CEADAC (Centro de referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral), o Instituto Universitaria de Integración na Comunidade da Universidade de Salamanca está a desenvolver este proxecto que ten como obxectivo crear unha escala de calidade de vida das familias das persoas con DCA.

Esta é a segunda colaboración que Sarela mantén co INICO para desenvolver escalas de calidade de vida. Con anterioridade Sarela xa participou nas diferentes fases para a construción e validación da escala de calidade de vida das persoas con Dano Cerebral.

O proxecto que agora se propón é a creación dunha ferramenta de avaliación da calidade de vida das familias de persoas con DCA. Na sesión organizada nas instalacións de Sarela participaron un total de 12 familiares divididos en dous grupos formados cada un por 6 persoas. Nun dos grupos participaron familiares que son coidadores principais da persoa con DCA e no outros familiares que non desenvolven ese rol.

A elaboración desta escala de calidade de vida permitirá:

  1. A planificación de sistemas de apoio para as familias de forma sistematizada.
  2. O estudo dos diferentes factores que inflúen nos resultados familiares para establecer as mellores condicións para a promoción do benestar das familias.
  3. O estudio do impacto que os sistemas de apoio teñen sobre a súa calidade de vida familiar, para mellorar a atención que proporcionan os diferentes servizos e/ou organizacións.
  4. O uso da escala polas entidades do movemento asociativo que participen no proxecto.

 

Escala Cavidade

Como se dixo Sarela xa participou creación da escala de calidade de vida das persoas con DCA (Cavidace). O seu obxectivo foi elaborar unha ferramenta de avaliación global da calidade de vida da persoa con DCA máis alá dos problemas de saúde e dos procesos cognitivos do individuo. Esta escala foi pioneira no ámbito internacional polo enfoque psicosocial de avaliación global da calidade de vida destas persoas.

 

O INICO

O Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca é un instituto formado por profesionais que realizan actividades de investigación, formación e asesoramento en materia de discapacidade encamiñadas a potenciar, facilitar e mellorar a calidade de vida e a autodeterminación das persoas en situación de desvantaxe social en distintos contextos e ao longo da súa vida.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información