Sarela estrea a versión online de Facendo Camiño

18/07/2014

O boletín da Asociación de Dano Cerebral de Compostela tamén está en internet.

Este é o primeiro boletín Facendo Camiño que se envía, tamén, a través de internet. Sarela anima a todas as persoas interesadas nas súas actividades, nas novidades do dano cerebral adquirido e na actualidade das persoas con discapacidade ou en situación de dependencia a subscribírense ao boletín. Tamén a que conviden ás súas amizades e familias a solicitar o envío de Facendo Camiño.

 

Recibilo no correo electrónico é moi sinxelo: hai que acudir á portada da páxina web de Sarela e cubrir o formulario que aparece na parte superior esquerda, ou enviar un enderezo de e-mail á asociación indicando que se quere recibir o boletín.

 

O boletín informativo Facendo Camiño acada con esta edición o seu número 15 en papel. Envíase ás persoas socias de Sarela dúas veces ao ano. Agora estrea tamén a súa versión dixital, que arrinca como Facendo Camiño. Boletín online nº 1.

 

Podedes atopalo aquí: Facendo Camiño. Boletín online nº 1. Esperamos que vos guste!

 

    Subscrición Facendo Camiño
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información