Convenio de colaboración con Fundación La Caixa para o proxecto de Mantemento e Mellora da Autonomía Persoal e Inclusión Social

30/08/2022

Sarela e a Fundación La Caixa asinaron este mes o convenio de colaboración en base ao cal se desenvolverá o proxecto de Mantemento e Mellora da Autonomía Persoa e Inclusión Social cunha chega de 12.920 euros. Este proxecto foi seleccionado na convocatoria de axudas “Social Galicia 2022” da fundación.


A convocatoria “Social Galicia 2022” ten como finalidade colaborar con organizacións non lucrativas que desenvolven os seus proxectos en Galicia para impulsar iniciativas dirixidas especialmente a persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social e cuxo obxectivo é mellorar a súa calidade de vida e fomentar a igualdade de oportunidades.

O proxecto presentado por Sarela está orientado a aquelas persoas con Dano Cerebral que se atopan na fase de estabilización tras o período de rehabilitación e propóñense actividades de cara a continuar a mellora e/ou mantemento das súas capacidades e habilidades adquiridas ata o momento. O proxecto busca tamén facer uso dos recursos comunitarios que temos ao noso alcance favorecendo as relacións interpersoais co resto de compañeiros/as.

Categorías: Servizo MAPIS

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información