Charlas en centros e locais socioculturais de Santiago para concienciar da dimensión social do Dano Cerebral

14/10/2021

Están dirixidas á poboación xeral e nelas falarase de causas como o ICTUS, da prevención, pautas de coidados, atención especializada, dereitos etc. Están xa programadas nos centros socioculturais da Rocha (19 de outubro), a Pontepedriña (8 de novembro) e Cardenal Quiroga (9 de novembro).

Chamar a atención da dimensión social do Dano Cerebral Adquirido (DCA), incidir na importancia da prevención, explicar a importancia da atención especializada ou falar dos dereitos das persoas e familias situación nesta, son algúns dos obxectivos das charlas que comezará a desenvolver Sarela en diferentes. . centros socioculturais do municipio.

 

A primeira charla celebrarase na Rocha o martes 19 de outubro ás 18:30 h. coa charla dunha logopeda de Sarela. No mes de novembro celebraranse o luns 8 no centro sociocultural da Pontepedriña ás 16:00 coa participación de Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela, o martes 8 no local social do grupo Cardenal Quiroga ás 18:00 h. coa participación da psicóloga-neuropsicóloga de Sarela Noelia Ouro.

 

Hoxe, o DCA é a primeira causa de discapacidade e dependencia en España. A pesares diso, a maior parte da poboación non identifica correctamente o “dano cerebral adquirido”, realidade que cambia cando falamos das causas que o provocan (ICTUS, traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais etc) xa que a maior parte da poboación ten ou coñece un caso directo no seu entorno familiar e social.

 

Inverter esa situación de cara a que as persoas e familias teñan unha mellor atención e saiban como actuar en cada momento, é un dos obxectivos das charlas orientadas á poboación xeral e nas que se incidirá na prevención en función das causas; daranse pautas de coidados e recomendacións sobre trámites en caso de que nalgún momento teñamos que enfrontarnos a esa situación; explicarase a importancia da atención especializada e dos recursos existentes; explicaranse as secuelas tan diversas que se poden derivar dun DCA e presentarse o programa de voluntariado da entidade.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información