Benestar concerta dez prazas de centro de día con Sarela

13/01/2015

Súmanse ás doce que conforman o actual centro de día da asociación.

O presidente da Asociación de Dano Cerebral de Compostela, José Balboa, asinou onte un contrato coa Consellería de Traballo e Benestar polo que Sarela vai xestionar dez novas prazas de atención a persoas con dano cerebral adquirido en Santiago.
 
En concreto, o contrato establece que Sarela responsabilízase da "reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica" a persoas con dano cerebral no concello de Santiago de Compostela.
 
As dez novas prazas concertadas por Benestar súmanse ás doce que actualmente xestiona Sarela. A ampliación vaise facer efectiva este mes de xaneiro, co traslado da asociación ao novo centro do Traspaxonal, onde poderá dar cabida ás dez persoas que se van incorporar ao centro de día.
 
As persoas que se beneficien das prazas concertadas pasarán oito horas diarias no centro de atención. Este servizo implica diferentes prestacións similares ás que xa se están a proporcionar en Sarela, como información, orientación, tratamentos, apoio psicolóxico ou inclusión social.
 
O contrato ten vixencia por case un ano (desde o 12 de xaneiro ao 31 de decembro de 2015) e comprende o servizo de atención diúrna e o de transporte ao centro.
 
Fotografía de Matsuyuki extraída de Flickr con licenza CC BY-SA 2.0.
 

 

    Sinatura do contrato de prazas

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información