Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha declaración institucional con motivo da conmemoración, o vindeiro 26 de outubro, do Día Nacional do Dano Cerebral. O conxunto de grupos parlamentarios recoñece no texto o labor do movemento asociativo, ademais de asumir as súas demandas con respecto á atención, investigación, accesibilidade e, en definitiva, calidade de vida do colectivo do dano cerebral adquirido.
Será o 17 de setembro e nel participarán persoas e familias das cinco asociacións galegas. Haberá un xantar de convivencia no parque de Galeras. Este proxecto forma parte do programa “O Teu Xacobeo” financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022.
FEGADACE e a Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais, da Universidade de Santiago de Compostela,elaboraron tres vídeo-titoriais con indicacións sobre como debe ser o coidado diario da hixiene oral dunha persoa con dano cerebral sexa independente ou con dependencia (moderada ou severa).
Será o martes 22 de outubro no Hospital Clínica de Santiago e a inscrición vía internet xa está aberta. Estará impartido por Ana Ruiz, terapeuta ocupacional en Sarela.
No acto, o 28 de setembro, vaise entregar o Premio FEGADACE – Miguel Blanco á Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina da USC.
FEGADACE edita unha guía imprescindible para as familias que teñen que afrontar os primeiros momentos do Dano Cerebral Adquirido. Elaborada por profesionais das asociacións galegas de DCA, a guía busca paliar a desorientación e angustia que supón unha situación que chega de forma repentina.
O 78% das persoas consultadas a través dun estudo sobre os recursos de atención ao ictus manifestaron que o descoñecemento ou falta de información foi o principal obstáculo que se atoparon para acceder aos medios de rehabilitación. O 31% sinalan tamén a dificultade dos trámites burocráticos e un 13% as barreiras económicas, constatando a ausencia de coordinación entre os servizos sanitarios e os do ámbito social.
O sábado 15 de setembro usuarios e profesionais do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) desfrutaron dun magnífico día de lecer en Goián, unha parroquia do Concello de Tomiño. Fixeron unha ruta polo río Miño grazas á adaptación do embarcadoiro e á iniciativa do Club Deportivo Amarras para adquirir dúas lanchas que permiten o acceso e navegación segura a persoas con cadeira de rodas. Esta xornada de lecer foi posible grazas á colaboración de FEGADACE.